O ciclo «Ler Conta Moito» de Fene traerá unha morea de espectáculos teatrais ao municipio

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá varias actuacións, as cales comezarán o próximo xoves 1 de outubro con "O Traxe novo do Rei"
109263523_3134474006629073_428390881810984264_o

«O Traxe novo do Rei» da compañía Tarabelos abrirá o vindeiro xoves 1 de outubro ás 18.00 horas o ciclo Ler Conta Moito, organizado pola biblioteca municipal de Fene no marco do programa para a dinamización da lectura que promove a Xunta entre as bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O ciclo incluirá, ademais desta primeira sesión, as actuacións de Elefante Elegante -«O lobo bobo»- o xoves 8 de outubro e de Ghazafellos -«A máquina do tempo»- o 15 de outubro.

Todas as actuacións desenvolveranse no salón de actos da Casa da Cultura de Fene con aforo reducido a 20 persoas, 10 nenos e 10 adultos -1 adulto por neno-, e para asistir será preciso reservar entrada chamando por teléfono á biblioteca de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, ou os sábados, de 10.00 a 13.00 horas . Os teléfonos de contacto son o 981342302 e o 607625346.

«O Traxe novo do Rei»

Xa se poden reservar entradas para o primeiro espectáculo que correrá a cargo do grupo Tarabelos e que vai dirixido a nenos/as a partir de 3 anos. En O traxe novo do rei «un traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Dalgún xeito funcionará, pero non como él esperaba”, definía o seu creador.

Unha cultura segura

Tanto este primeiro espectáculo coma os restantes que forman o ciclo «Ler conta moito” de Fene desenvolveranse baixo a premisa dunha cultura segura, con reserva de entradas, aforos limitados e estrito cumprimento das medidas de seguridade. Neste senso, dende a organización recoméndan aos/ás asistentes acceder aos espectáculos con media hora de antelación á hora fixada para o seu comezo xa que a reserva de entradas perderá vixencia se non se está na fila de entrada 15 minutos antes do comezo dos mesmos.

A partir dese momento admitirase a entrada sen reserva, por orde de chegada e sempre que haxa aforo dispoñible. Ademais, infórmase de que, ao  efectos da dar cumprimento aos protocolos de seguridade, os datos das persoas asistentes poderán ser verificados pola organización para o acceso ao recinto.

En canto ás medidas hixiénico-sanitarias implantadas, lémbrase que haberá un punto de desinfección de mans e que o uso da máscara será obrigatorio en todos os espectáculos. Ademais, non se permitirá o acceso con comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos pola organización.

Por último, o público permanecerá sentado en cadeiras individuais durante todo o espectáculo no lugar que lle asigne a organización e realizará a entrada e saída de xeito ordenado seguindo as instrucións da organización.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.