O ciclo teatral de Neda despídese por este ano coa obra “Crónicas dunha heterosexual insatisfeita”

Será o venres no salón de actos da Casa da Cultura a partir das 20.00 horas e as entradas terán un prezo único de 2 euros
01Crxnica_1

O ciclo municipal “Tempo para o teatro” encara este venres a súa última función. Así, o salón de actos da Casa da Cultura acollerá a partir das 20.00 horas a obra “Crónicas dunha heterosexual insatisfeita”, escrita e interpretada por María Ángeles Iglesias.

As entradas poderán adquirirse ao prezo único de 2 euros a partir de hoxe martes, 24 de novembro, e ata o venres 27 ou esgotar as 30 prazas reservadas para a función no marco do protocolo de prevención fronte á covid-19 para ofrecer unha cultura segura. Onde? Na Casa da Cultura, en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

“Crónicas dunha heterosexual insatisfeita”, producida por Verdeverás, está dirixida a un público adulto e aborda con humor temas como a sexualidade, a parella, as frustracións e os desexos dunha muller absolutamente normal que se anima a saír da rutina e concretar unha fantasía.

O ciclo de teatro conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.