O ciclo ‘Tempo para o teatro’ continúa este venres en Neda coa obra “A compañeira de piso”

As entradas para asistir á función poderán adquirirse ao prezo de 2 euros entre este martes e o venres na Casa da Cultura
8-A-COMPA
PUBLICIDAD

O ciclo Tempo para o teatro continúa este venres en Neda coa representación da obra “A compañeira de piso”, a cargo da compañía Contraproduccións. A función dará comezo ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura, baixo un estrito protocolo de prevención fronte á covid-19.

As entradas, cun custe de 2 euros, poderán mercarse entre mañá martes e o venres 13 de novembro na Casa da Cultura en horario de 10 a 13 horas e de 16 a 20 h, ou ata esgotar prazas.

A televisiva Patricia Vázquez e Rebeca Montero porán en escena a primeira adaptación fóra de Estados Unidos da obra de Jen Silverman, “A compañeira de piso”, unha comedia negra na que un ama de casa divorciada pon un novo rumbo á súa vida, xa cumpridos os 50. A montaxe, dirixida por Cándido Pazó e Belén Pichel, é froito da colaboración entre Contraproduccións e o Centro Dramático Galego.

O ciclo conta co apoio da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e desenvolverase durante todos os venres do mes.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.