O cine sobre rodas chega a Valdoviño

"Uno más de la familia" e "María Solinha" son as películas que os namorados do sétimo arte poderán gozar esta fin de semana desde os seus propios coches

A veciñanza de Valdoviño pode estar de noraboa, xa que van a poder desfrutar do mellor cine dende o seu turismo. Esta iniciativa do concello local convertirá o aparcadoiro situado fronte ao Chalet de Joselito, na Porta do Sol, nunha gran sala de proxección para ofrecer o pase dos filmes “Uno más de la familia” e “María Solinha”.

Será o domingo 16 e o luns 17 a partir das 22.30 horas respectivamente. As invitacións, unha por vehículo, poderán retirarse a partir deste luns, 10 de agosto, na Oficina Municipal de Turismo de 11.00 a 17.00 horas ata o mércores -incluido- e de 11.00 a 14.00 horas o xoves.

Permitirase a entrada de turismos a partir das 21.00 horas e a capacidade máxima do espazo é de 100 vehículos. “Uno más de la familia” está dirixida a un público familiar, namentras que “María Solinha” está recomendada para persoas adultas.

Salir de la versión móvil