O Colexio de Enxeñeiros de Galicia premia a obra dos interceptores xeráis da ría de Ferrol

O xurado valorou as melloras ambientais e a sustentabilidade do proxecto

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia otorgou á obra dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol o accésit da undécima edición dos Premios San Telmo 2019.

O xurado que valorou os proxectos presentados valorou as melloras ambientais e a sustentabilidade das súas formulacións. A obra dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol permitiu mellorar a calidade das augas, posibilitando o baño en varios areais da comarca e a práctica do marisqueo en condicións óptimas, tal e como se indicou desde a organización.

A entidade Augas das Concas de España ( Acuaes), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, impulsou este proxecto dividido en tres tramos: A Malata-A Gándara; A Gándara-O Cadaval e O Cadaval-Neda, que supuxeron un investimento que roldou os 55 millóns de euros cofinanciados polo Goberno central, o Fondo Feder da UE, a Xunta de Galicia e os concellos de Narón e Ferrol.

 

Salir de la versión móvil