O Comité de Acciona impugna o ERTE da empresa nos estaleiros de Navantia Ferrol

Denuncian que máis de 100 traballadores veranse afectados por este expediente que non se axusta ao Reais Decretos do Goberno

A multinacional Acciona, que presta os servizos de limpeza e mantemento nos estaleiros de Navantia, presentou o pasado 20 de marzo un ERTE por forza maior que agora está a ser impugnado polo comité de empresa da compañía en Ferrol ante a Autoridade Laboral.

Segundo explicou o secreteario xeral de Industria de CCOO en Galicia e delegado de Acciona Ferrol, Víctor Ledo, a empresa está a prestar un servizo fundamental nas tarefas de limpeza do estaleiro e a súa función considérase, segundo o decreto do 29 de marzo, un traballo esencial.

Ademáis, dende o comité aseguran que o despido se fixero sen comunicalos previamente ao comité de empresa. “Este comité denuncia a desinformación por parte da dirección de Acciona, xa que non comunicou as súas intencións e, doutra banda, a súa forma de proceder, xa que actuou de maneira unilateral e precipitada presentando un ERTE por causas de forza maior sen o menor respecto ao persoal, a cal ten máis valor ante esta situación de crise sanitaria”, afirmou o secretario xeral de CCOO de Industria de Galicia.

O sindicato tamén critica que Navantia informase  pasado 15 de marzo a toda a industria auxiliar, nas que se atopa Acciona Ferrol, da suspensión dos contratos, incluídos os contratos do sector público, xa que de acordo co Real Decreto de 18 de marzo “baixo ningunha circunstancia, poderanse suspender os contratos de limpeza, seguridade e mantemento informático”. “Aquí empeza a primeira irregularidade por parte de Navantia, que tería que rectificar a suspensión dos contratos desta actividade unha vez publicado o Real Decreto”, recoñeceu Víctor Ledo.

CCOO de Industria esixe, tanto á Dirección de Acciona como á de Navantia, que rectifiquen nestes procedementos, xa que na actualidade un importante número de traballadores e traballadoras de Acciona están a prestar servizo dentro das instalacións do estaleiro. “Acciona está a antepoñer os seus intereses económicos por encima de calquera outra cuestión, despreocupándose totalmente tanto do seu persoal como da totalidade dos usuarios do estaleiro”, declarou Víctor Ledo.

Finalmente e, no caso de que esta situación mantéñase, o comité de empresa informou que procederá a denunciar xudicialmente, tanto a Acciona como a Navantia e a realizar calquera tipo de mobilización cando esta situación de emerxencia cese.

Salir de la versión móvil