O comité de Navantia solicitou unha entrevista co Goberno para denunciar a inactividade nos estaleiros

Esta mañá tivo lugar unha nova concentración de traballadores nas portas da factoría de Ferrol

Os traballadores do naval da ría volvéronse concentrarse esta mañá ante a porta do estaleiro de Navantia nunca nova acción de protesta pola falta de carga de traballo. En principio estaba previsto que a concentración se fixera nos xulgados de Ferrol, coincidindo cunha vista oral que varios traballadores da auxiliar Maessa tiñan contra a empresa por supostas coaccións.

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán, aludiu a que a compañía quería emprender sancións contra algúns dos seus traballadores por participar nas manifestacións das pasadas semanas. “Non imos permitir nin a consentir que ningunha compañía auxiliar poida tomar represalias contra os seus traballadores por participar nas protestas demandado carga de traballo”, dixo o representante do comité. “Tras un principio de acordo entre a empresa e os delegados quedou suspendida” a vista e a concentración, explicaron os sindicatos.

En canto á demanda de carga de traballo, Galán trasladou que unha vez superado o verán, durante o que resta de ano e de 2021, no haberá carga de traballo algunha nas gradas de Navantia.  “Temos solicitada unha entrevista cos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados, onde estamos a mirar a ver se somos capaces de manter unha entrevista co propio Goberno, para demostrarlle unha vez máis que esta comarca non pode manterse dous anos sen ningún tipo de carga de traballo, na única industria capaz de xerar unha importante cantidade de emprego”, denunciu Galán durante a concentración, a que asistiron centos de traballadores.

Proceso de incorporación

Con respecto ás novas incorporacións, Galán trasladou que a principios desta semana mantiveron unha asemblea na que lle trasladaron á empresa que “antes do 6 de marzo” ten que ter xa decidido as novas incorporacións -anunciou o presidente do comité- “cunha serie de criterios que veñen emanados de Madrid e que a dirección de Ferrol está a tratar de torpedear, algo que non imos permitir”.

Esta tarde, os traballadores acudirán ao pleno do Concello de Ferrol que comenzará ás 19.00 horas.

Salir de la versión móvil