O concelleiro de Educación e os directores dos colexios públicos de Ferrol reúnense para abordar o inicio do curso

A hixienización das aulas, a realización das actividades extraescolares e a xestións dos comedores foron algúns dos asuntos tratados no encontro
Centros1

O concelleiro de Educación e Cultura, Antonio Golpe, mantivo esta mañá unha reunión cos directores dos centros públicos de Ferrol co fin de abordar de forma conxunta o inicio do curso escolar o próximo mes de setembro. O edil escoitou as inquietudes dos responsables dos centros en relación ao reforzo da limpeza dos centros que estipula o protocolo Covid-19, a realización das actividades extraescolares e a xestións dos comedores, entre outros asuntos.

Golpe trasladoulles a vontade do goberno local de colaborar coa Xunta, administración competente en materia de educación, para contribuír á posta en marcha de accións que garantan unha volta «segura» ás aulas e insistiu na disposición absoluta do Concello de Ferrol para «traballar de forma coordinada» coa Administración autonómica co fin de «protexer aos nosos escolares».

Neste senso, lembrou que xa antes das eleccións autonómicas solicitou á Xunta unha reunión sobre Educación para abordar, entre outros asuntos, as insuficiencias nos centros escolares e a xestión da volta ás aulas. Á espera de dito encontro, o concelleiro emprazou aos directores dos centros a unha nova reunión a próxima semana para seguir avanzando nas medidas de cara ao inicio do curso.

Medios extraordinarios para unha situación extraordinaria

No tocante á limpeza nos centros, Golpe puntualizou que os medios do Concello son os previstos «nunha situación ordinaria, pero desgraciadamente a situación actual é extraordinaria, polo que requirimos á Xunta medios e recursos extraordinarios». Aínda así, o concelleiro explicoulles que o Concello está a traballar en varias opcións co fin de destinar todos os seus medios posibles á hixienización dos centros e á xestións dos comedores.

En relación ás actividades extraescolares, o edil manifestou que a maioría dos directores apostan por esperar ao mes de xaneiro para a súa posta en marcha, sempre tendo en conta a evolución da pandemia.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.