O Concello de Cedeira entrega máscaras e xel hidroalcólico ao alumnado do municipio

A doazón pretende ser unha axuda para a economía das familias e recoñecer o esforzo e a responsabilidade que están a amosar as comunidades educativas
mascaras1
PUBLICIDAD

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, e a concelleira de Educación, Ermitas García Ríos, entregaron esta mañá senllos paquetes de máscaras e xel hidroalcólico ao CEIP Nicolás do Río e o IES Punta Candieira para o seu reparto entre alumnado e profesorado. Segundo destacou o alcalde, “é unha doazón coa que queremos axudar ás familias, que teñen que facer un esforzo económico importante para cumprir coas medidas de seguridade, e mesmo recoñecer a responsabilidade que están a amosar as nosas comunidades educativas na loita contra o covid”.

A doazón do Concello de Cedeira ao colexio tradúcese no reparto de dúas máscaras -de tela e homologadas para 90 lavados- e un bote de 100ml de xel hidroalcólico para cada neno e cada nena, desde primeiro a sexto de Primaria, así como de 1.000 máscaras tipo FFP3 para o profesorado deste centro.

No IES Punta Candieira, pola súa banda, o Concello entregou 4.000 máscaras tipo FFP3 que serán repartidas polo propio centro entre alumnado e docentes. Segundo explicou o alcalde, o Concello tamén está a disposición de todos os veciños ou veciñas que precisan de máscaras e demáis material hixiénico, que poden achegarse aos Servizos Sociais para solicitar esta axuda.

Actualmente o municipio de Cedeira está entre os de nivel de alerta 0 na páxina informativa do Sergas, tanto nos últimos sete días -menos de 7 contaxios detectados por PCR- como nos últimos 14 días.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.