O Concello de Cedeira saca a licitación obras na rede de saneamento por importe de 268.736 euros

inicio tramo paseo Madalena

O Concello de Cedeira saca a licitación a obra que dotará de saneamento á veciñanza de Vilacacín e o proxecto que optimizará o funcionamento da rede que está a dar servizo nas rúas da Estrada, Valdoviño, San Sadurniño e travesía da Praia. Son proxectos incluídos no POS+2019.

O importe das dúas intervencións ascende a 268.736,8 euros (IVE incluído) e as empresas interesadas tanto en facerse cargo dunha como das dúas obras teñen ata o día 24 do presente mes para presentar ofertas. O prazo de execución é de cinco meses.

O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, destacou a importancia deste novo esforzo inversor do Concello por canto estende a rede de saneamento a lugares que agora carecen del e contribúe a mellorar o servizo dunha das zonas máis densamente poboadas da vila coa incorporación á rede dunha liña específica para a recollida de pluviais e a substitución das tubaxes de fibrocementos por outras de PVC de 315 milímetros de diámetros. Moreda Gil recordou que a liña de traballo do executivo local é tratar de rebaixar a carga da estación depuradora para optimizar o seu funcionamento e abaratar custos, así como evitar a deterioración de infraestruturas e estradas coa recollida de pluviais. A actuación que afectará ao núcleo urbano de Vilacacín consistirá na instalación de canalizacións, que discorrerán ao longo de 639,25 metros, e na entrada en funcionamento de 21 pozos de rexistro para dar servizo a un conxunto de 25 vivendas. Toda a actuación levarase a cabo por vías de competencia municipal e na súa contorna atópanse bens patrimoniais como casas do século XVII, un hórreo e mesmo a igrexa parroquial de Santa María, que necesitarán medidas de especial protección. Esta obra sae a contratación pola cantidade e 76.929, 72 euros.

Pola súa banda, o proxecto que afectará ás rúas da Estrada, Valdoviño, San Sadurniño e travesía da Praia obedece á necesidade de mellorar o funcionamento do servizo da rede que está a ocasionar problemas por atascos debido á capacidade e antigüidade das tubaxes de fibrocemento e á falta de canalizacións específicas para a recollida das augas pluviais dos edificios. Trátase dunha zona especialmente poboada e na que se contabilizan unhas 225 vivendas, o que pode chegar a representar arredor de 900 veciños. A contía desta licitación ascende a 191.809, 08 euros

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.