O Concello de Ferrol avanza na tramitación do alumeado público de San Pedro

Esta mañá o voceiro municipal, Julián Reina, tamén informou de varias novas en canto ao alumeado do Nadal, o cal contará cun orzamento moi próximo aos 150.000 euros

O Goberno de Ferrol informou dos avances xerados na tramitación da instalación do alumeamento público na estrada DP-3604 de San Pedro. O Concello e a Deputación da Coruña estanse coordinando para poder levar cabo de xeito simultáneo as obras que van transformar dita vía.

Os traballos que ten adxudicados o organismo provincial servirán para dotar de beirarrúas unha vía que soporta gran densidade de tráfico rodado á vez que é moi empregada por peóns. O proxecto do Concello, que afecta ao tramo entre a farmacia da DP-3604 e a rotonda de acceso á autovía, consiste na instalación de puntos de luz para mellorar a visibilidade en todo o traxecto. É por iso que, a pesar de ser obras diferentes, o obxectivo é optimizar ambas polo que é necesario levalas a cabo de forma conxunta.

Cada vez máis preto o alumeado de Nadal

Tamén anunciou o voceiro municipal, Julián Reina, que na sesión desta mañá abríronse as ofertas das dúas empresas que se presentaron á subministración, instalación e desinstalación da iluminación ornamental da próxima campaña de Nadal, cun orzamento máximo de 149.946,02 euros.

O novo contrato inclúe a instalación de máis de 270  arcadas repartidas por diferentes barrios e zonas comerciais e a iluminación en árbores e columnas. Este ano, explicou Reina, cóntase tamén coa Praza de Armas, que estrea unha nova urbanización e que contará con 25 motivos para instalar nas ventas da fachada do pazo municipal. O concelleiro anunciou que a iluminación se estenderá á zona rural, con 40 arcadas e motivos do Nadal.

Salir de la versión móvil