O Concello de Ferrol avanza no plan de reparación de lousas da Magdalena

Estas accións contan cun orzamento de preto de 40.000 euros e prevense más de 300 intervencións no centro da cidade con certo perigo para os viandantes
lousas1

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras e Servizos, puxo en marcha a finais de agosto o plan de reparación de lousas no barrio da Magdalena, que contempla a reposición de elementos rotos, afundidos ou a súa renovación, un proxecto que contempla ao redor de 300 intervencións e cuxo prazo de execución é de dous meses.

A edil encargada da área, Ana Lamas, visitou o pasado mes os traballos na rúa Real, onde, seguindo o programa de obras, nos últimos días reparáronse varias lousas. Hoxe mesmo actuouse en dita vía á altura de Sánchez Barcáiztegui.

Tamén nos últimos días leváronse a cabo actuacións na praza de Amboage, na intersección das rúas Coruña e Dolores e na praza de España. O plan de reparación de lousas, que conta cun orzamento de preto de 40.000 euros, céntrase en rúas peonís do centro da cidade nas que se detectaron perigos para o tránsito dos viandantes.

Consiste na recolocación de pedras que están soltas ou desniveladas e as que están deterioradas están a ser substituídas por outras de características similares. Onde hai afundimentos na rúa se están a reparar tratando de conservar as lousas existentes e, á par, se están a realizar traballos complementarios en arquetas, bolardos, bordos ou adoquín. As principais rúas nas que se está a actuar son Magdalena, Real, Dolores, María, Sol, Sánchez Barcáiztegui, Coruña, Igrexa, praza de España e Amboage, entre outras.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.