O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, vén de firmar un edicto polo que o Concello de Ferrol proponlle aos propietarios dos establecementos de ocio nocturno a posibilidade de manter a súa actividade e complementala coa de café bar, mentres dure a orde de peche do lecer nocturno, para que así poidan abrir os seus negocios no horario permitido, ata as 01.00 horas da mañá.
«Queremos manter o noso apoio á economía local e protexer os postos de traballo», afirmaba o edil tras o peche do ocio nocturno. Reina anunciou que os establecementos que soliciten no departamento municipal de Urbanismo acollerse a dita opción deberán presentar unha declaración responsable ad hoc acompañada da documentación que require a solicitude.
Durante a reunión que mantivo co seu equipo técnico o pasado mércores analizouse esta opción, unha fórmula máis eficaz que o cambio directo de licencia de unha actividade a outra. Con esta nova alternativa trataranse de solventar as complicacións as que tería que facer fronto ós hostaleiros cando tivesen que volver á normalidade e retomar a súa actividade de ocio nocturno.
Sen coste para os propietarios dos negocios
Esta nova opción, explicou Reina, non supoñerá custo algún para os hostaleiros, un dos sectores que máis está a sufrir os efectos da pandemia pola Covid-19. Para aclarar todas as dúbidas previas á presentación da solicitude os interesados poden enviar as súas consultas ao correo electrónico [email protected] e coñecer deste modo se lle compensa a modificación.
Dende a concellería de Urbanismo, dixo, sempre segundo á normativa «e priorizando sempre a seguridade pública dos nosos veciños, imos analizado esta posibilidade para que os hostaleiros non teñan que pechar os seus negocios».