O Concello de Ferrol e a UDC firman un convenio de colaboración para dotar de prestación podolóxica a persoas sen teito

A administración local invertirá 5.000 euros anuais neste servizo social ubicado nas instalacións da Clínica Universitaria de Podoloxía do Hospital Naval
clinica_podoloxica_1

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o reitor da UDC, Julio Abalde, visitaron esta mañá as instalacións da Clínica Universitaria de Podoloxía, no Hospital Naval, onde se levará a cabo a prestación podolóxica a persoas sen teito e en exclusión social, a través dun convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña que se formalizará nos próximos días.

Estiveron acompañados polo xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, e a vicerreitora, María Jesús Movilla. O novo convenio, para o que o Concello aportará 5.000 euros anuais, acorda a prestación dunha asistencia integral podolóxica a 70 pacientes derivados dos servizos sociais do Concello.

Atención aos colectivos máis vulnerables

Incluirá servizos de quiropodoloxía, ciruxía podolóxica, exploración e biomecánica, ortopodoloxía e pé de risco. O convenio de colaboración terá vixencia no curso académico 2020-2021, se ben poderá ser prorrogado por mutuo acordo das partes ata dous cursos académicos máis.

Tras visitar as instalacións, Mato asegurou que a achega municipal supón un investimento social para a veciñanza máis vulnerable. Pola súa banda, a concelleira expresou que ademais de prestar un servizo gratuíto, a posta en marcha do convenio «facilitará o desenvolvemento de prácticas por parte dos estudantes nunha clínica de gran prestixio».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.