O Centro de Inserción Social «Carmela Arias y Díaz de Rábado» da Coruña entregou esta mañá os premios Filantropía con motivo da festividade da Nosa Señora da Mercé, un recoñecemento a entidades ou persoas destacadas pola súa colaboración desinteresada para lograr os fins das institucións penitenciarias.
Este ano o CIS recoñece o labor do Concello de Ferrol, tanto dos seus representantes como da súa cidadanía, a través do seu coordinador de Seguridade, Santiago Troitiño, quen recolleu o premio polo o seu esforzo na xestión e execución das penas de traballo en beneficio da comunidade desenvolvidas na cidade.
O premiado estivo acompañado polo concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, quen agradeceu o recoñecemento e destacou a «entrega absoluta de Troitiño en cada unha das tarefas que desenvolve co fin de protexer aos veciños da cidade». Nesta caso, sinalou o edil, o coordinador de Seguridade «implicouse de forma extraordinaria na xestión e coordinación das penas de traballo en beneficio da comunidade na nosa cidade».