O Concello de Ferrol volve a poñer en marcha os labores de desinfección na cidade

Varios efectivos con EPI e cun camión bomba comezaron onte mesmo as tarefas de limpeza en profundidade para evitar a expansión do coronavirus
2020_08_14Bombeiros1

A concellería de Seguridade puxo en marcha esta semana os labores de limpeza en profundidade con solución desinfectante nos exteriores de centros hospitalarios, ambulatorios e residencias de maiores para evitar o avance do coronavirus na comarca.

Na tarde de onte xoves, un equipo formado por tres efectivos dotados con equipos de protección individual -EPI- e un camión bomba pulverizou solución desinfectante nos accesos aos ambulatorios de Serantes, Caranza, o Edificio Social da concellería de Benestar Social e residencias de maiores.

Os mencionados traballos de desinfección se levarán a cabo de luns a domingo en días alternos e incluirán tamén os exteriores do albergue de Caranza, o ambulatorio da Praza de España, o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e o Centro de Atención a persoas con discapacidade (CAMF), entre outros espazos.

Máis de 800 intervencións durante o estado de alarma

O Corpo de Bombeiros de Ferrol realizou durante o tempo que durou o estado de alarma un total de 820 desinfeccións en diferentes espazos da cidade. No mes de marzo e abril sumaron 383, en maio outras 374 e en xuño, ata a finalización do estado de alarma, fixéronse un total de 63 intervencións.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.