O Concello de Narón a AJE continúan impulsando novos proxectos de emprendemento

As entidades presentaron hoxe unha nova edición de "Adiante Narón 2020", que contará con formacións grupais e titorizacións individuais
Adiante Narón 2020
PUBLICIDAD

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o presidente de AJE Ferrolterra, Luis González, presentaron esta mañá no Pazo da Cultura unha nova edición do programa “Adiante Narón 2020”, organizado en virtude ao convenio que o Concello mantén coa citada entidade. Á convocatoria, que se puido seguir online, acudiu tamén unha representación de emprendedoras e emprendedores que apostaron por impulsar algún proxecto na cidade, compartindo a súa experiencia e valorando o resultado da mesma.

Ferreiro foi a encargada de abrir o acto, no que se presentou este programa a través do que se impulsa que unha decena de proxectos emprendedores da cidade reciban unha tutorización para desenvolver os seus negocios. A alcaldesa destacou a iniciativa de AJE Ferrolterra e a súa implicación e traballo coas emprendedoras e emprendedores “axudándolles a que inicien a posta en marcha dun proxecto ou melloren a súa situación no caso de que xa estean operativos”. “Sodes o motor do noso concello e sobre todo nestes momentos de crise e quero que saibades que contaredes sempre co noso apoio. Tedes as portas do Concello abertas”, recalcou Ferreiro, animando aos asistentes e desexándolles moitos éxitos.

O presidente de AJE Ferrolterra tomou a continuación a palabra para agradecer en primeiro lugar a colaboración do Concello naronés “que sempre nos recibe cos brazos abertos para levar calquera tipo de actividade” e aos emprendedores e emprendedoras por participar no programa e volcarse por esta comarca. “É moi importante que xurdan ideas e máis aínda que se convirtan en proxectos estables, duradeiros no tempo e que se adapten a unha nova realidade”, asegurou González.

A continuación, as emprendedoras e emprendedores presentes no acto valoraron os seus proxectos, xa en marcha, e a axuda prestada na anterior edición do programa “Adiante Narón 2020”. Nesta ocasión presentáronse os proxectos “Mcen”, sobre enxeñaría, autoconsumo e eficiencia enerxética; “Turística”, unha empresa de xestión de aloxamentos turísticos; “Espacio Vivo”, un centro multidisciplinar de actividades, formación e saúde, e “Fiestoke”, de eventos infantís. Os impulsores destes catro proxectos participaron nun debate posterior para compartir as súas experiencias durante o acto, que se prolongou durante unhas dúas horas.

O programa, dirixido a emprendedoras e emprendedores que queiran lanzar unha nova liña de negocio ou reforzar a existente consta de catro formacións grupais e oito tutorizacións individuais, que comezarán no mes de novembro. A convocatoria está aberta ata o 31 de outubro e as inscricións poden realizarse a través do mail: [email protected] ou do número de teléfono 981 333 322.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.