O Concello de Narón apoia a iniciativa para crear unha canle Xabarín Club na TVG

A proposta partiu da Mesa pola Normalización Lingüística para dispoñer dunha canle infantil en galego
2014120414392467362

O Concello de Narón sumouse á iniciativa de A Mesa pola Normalización Lingüística para crear unha canle Xabarín Club na Televisión de Galicia, dispoñendo así de programación para público infantil e xuvenil en galego. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que A Mesa, a través dunha proposición parlamentaria por Iniciativa Popular trata de que esa proposta a asuma algún dos grupos do Parlamento galego para proceder ao seu debate, para o que se require un número mínimo de sinaturas.

Co fin de reunir parte desas sinaturas necesarias, están a disposición da cidadanía uns pregos que se poden asinar a partir de mañá na Biblioteca municipal –no horario de apertura- en apoio a esta iniciativa. As persoas que desexen consultar máis información poden facelo a través do enlace: https://www.amesa.gal/xabarin.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.