O Concello de Narón e a Fundación Terra de Trasancos firma un convenio para actividades de acción social

A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou hoxe o acordo dunha partida de 15.000 euros cos que realizarán diversos proxectos

El Concello de NArón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración co presidente da Fundación Terra de Trasancos (O Val), José Díaz, co fin de continuar desenvolvendo actividades no ámbito da acción social. A entidade recibirá das arcas municipais unha partida de 15.000 euros, con cargo á que se realizarán varias propostas dirixidas á cidadanía.

En virtude a este acordo levaranse a cabo os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva, do grupo de apoio en patoloxía osteoarticular, artritis reumatoide e artrose, o de aerobic terapéutico, de coredance, de informática e internet, de psicomotricidade e de ximnasia terapéutica, tal e como se recolle no documento asinado pola alcaldesa e o presidente da Fundación Terra de Trasancos.

A maiores, a citada Fundación colaborará co Concello en eventos conmemorativos que se organicen dende a administración local e cunha temática relacionada coa área de acción social.

As actividades programadas desenvolveranse no local da entidade, agás no caso de que non sexa posible, e atendendo en todo momento ás indicacións que se formulen dende as autoridades sanitarias debido á crise da Covid-19.

Ferreiro indicou que dende o Concello se asinan cada ano convenios de colaboración para impulsar actividades relacionadas coa promoción social da cidadanía e destacou o labor da Fundación Terra de Trasancos, “unha entidade que conta cos recursos, a infraestrutura e a experiencia necesarias para traballar co colectivo ao que se dirixen as actividades incluídas neste convenio, as veciñas e veciños da zona rural do municipio, que dispoñen deste xeito dunhas instalacións próximas nas que poder participar en propostas enmarcadas no programa municipal de maiores do Concello”.

Salir de la versión móvil