A alcaldesa de Narón asinou esta mañá no Concello cinco convenios cos representantes de cinco centros de ensino da cidade nunha cita á que tamén asistiu a edil de Educación, Mercedes Taibo. Os centros que van a poder gozar deste acordo son o CEIP A Gándara, o CEIP Piñeiros, o CRA de Narón, o CEIP Ponte de Xuvia e o CEIP Virxe do Mar. En conxunto o importe destinado dende a administración local a estes convenios de promoción educativa ascende a 17.900 euros.
O Concello, a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, leva varios anos promocionando na cidade actividades educativas a través do programa de recursos educativos de apoio á escola, moitas delas nos parques temáticos e áreas medioambientais da cidade.
Os beneficiarios do convenio son as alumnas e os alumnos de cada un destes centros educativos, estes últimos contando cunha experiencia de máis de 20 anos desde a súa implantación na cidade. A alcaldesa agradeceu aos representantes dos centros a gran implicación nos programas que complementan a outras organizadas dende os colexios que consideran gozan de gran relevancia.