O Concello de Narón inxecta 6.400 euros nun programa de almorzos escolares nos CPI O Feal e Virxe do Mar

A alcaldesa e os responsables das ANPAS firmaron un acordo para desenvolver a actividade “Educación para a saúde-Nutrición escolar”
Sinatura convenios

A alcaldesa de Narón asinou esta mañá dous convenios de colaboración con Antonio Montenegro e Rubén López, presidentes das ANPAS “O Buxato”, do CPI O Feal e “Galatea”, do CEIP Virxe do Mar, respectivamente, por un importe conxunto de 6.400 euros. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, estivo tamén presente na convocatoria, que tivo lugar no Consistorio.

En ambos casos, o obxecto do convenio, tal e como indicou a alcaldesa, é o desenvolvemento da actividade de comedor escolar de almorzos para os días lectivos, a través do programa de “Educación para a saúde-Nutrición escolar” no municipio. Con este servizo apóstase por mellorar a nutrición infantil en idades de 3 a 12 anos nos períodos matutinos e crear entre os menores unha serie de hábitos como a hixiene buco-dental e de inxestión de menús de almorzos equilibrados.

A maiores, tamén mediante este programa se practican destrezas e habilidades relacionais con xogos cooperativos e ofrécese ás familias unha iniciativa encamiñada a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, segundo recalcou Ferreiro.

O programa de Educación para a saúde-Nutrición escolar e de conciliación desenvólvese nos citados centros os días lectivos entre as 7.30 e as 9.00 horas, tal e como recordou a alcaldesa, que destacou a acollida que ten entre as familias da cidade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.