O Concello de Narón presentou hoxe a páxina web da Concellería de Promoción Económica

A plataforma, con toda a información de interese para o sector empresarial, servirá para aqueles negocios asentados ou que queiran asentarse na cidade
David Pita (1)

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá a páxina web da citada área nun acto programado no Concello e que se puido seguir a través da plataforma Zoom. O edil explicou que o resultado “é froito de máis dun ano de traballo” e destacou a importancia de promocionar o sector industrial, comercial e a área de servizos de Narón a través desta nova ferramenta. A web, á que se pode acceder dende a dirección business.naron.es e que conta tamén cun Facebook propio e pode consultarse dende calquera dispositivo, está operativa e servirá tamén de base, tal e como apuntou Pita, para promocionar a cidade e os seus potenciais en diferentes eventos.

“Queremos dar unha visión de todo o que ofrece Narón para atraer novas empresas á cidade”, explicou, incidindo en que se trata dun espazo web “sinxelo e claro, que permite a calquera iniciativa empresarial dispoñer en tres idiomas –galego, castelán e inglés- de información concisa e práctica do Concello”. Na web, segundo sinalou, diferéncianse tres sectores económicos, tamén por tamaño, as pemes ou grandes empresas e fíltranse espazos dispoñibles, tanto en locais comerciais como en polígonos industriais. “Esta información estará actualizada permanentemente”, asegurou.

Na páxina infórmase tamén sobre as axudas que se ofrecen dende o Concello, como o programa Doing Bussines e destácanse as comunicacións, servizos complementarios e outros medios ao alcance das empresas asentadas ou que queiran asentarse no termo municipal. “Narón tamén ofrece servizos, porque dispoñemos de tres polígonos, As Lagoas, A Gándara e Río do Pozo, que contan con toda a infraestrutura necesaria para desenvolver diferentes sectores de negocio e que se complementan cun amplo sector comercial, un centro comercial e unha variada oferta hostaleira, entre outros”, apuntou Pita.

O edil agradeceu a colaboración que ofreceron as asociacións Cofer, AJE Ferrolterra e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra á hora de deseñar esta páxina web e indicou que está aberta a posibles suxerencias co fin de actualizala e ofrecer ás persoas que visiten a páxina toda a información que precisen.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.