O Concello de Narón reúnese cos diferentes centros de ensino para abordar a volta ás aulas

O futuro das actividades extrescolares, a desinfección das aulas e o transporte escolar son varias das inquedanzas que manteñen en vilo á dirección dos diferentes colexios
Reunión centros de ensino

A consellería de Ensino, dirixida por Mercedes Taibo, e os edís de Servizos e Seguridade Cidadá, Ibán Santalla e Román Romero,mantiveron hoxe mércores 2 de setembro a primeira das tres xuntanzas convocadas polo Concello coas direccións dos centros de ensino públicos e concertados da cidade co obxectivo de coordinar o inicio do curso escolar.

Nas reunións participa tamén persoal técnico do Concello e á desta mañá acudiron representación dos centros de ensino as directoras dos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos, o do CPI do Feal e os dos colexios da Gándara e A Solaina.

O futuro das actividades extraescolares

En canto ao contido destas xuntanzas, Taibo explicou que no referente á área de Ensino, os asistentes abordan «o convenio económico para as actividades e o programa de actividades complementarias e extraescolares que se organizaban dende o Concello nos centros, analizando entre todos a viabilidade de levalas ou non a cabo no curso 2020-2021».

Desinfección das aulas

Así mesmo, Santalla indicou que en materia de Servizos se abordan temas como a limpeza dos centros e outras necesidades que formen parte da competencia municipal, puidendo garantizar desinfección de accesos aos centros antes do inicio de cada xornada escolar.

Transporte escolar

A maiores, no referente á área de Seguridade, coordínase a entrada e saída dos centros do servizo de transporte escolar e tamén se apostará por reforzar o uso dos «Camiños Escolares Seguros», promovendo que as nenas e nenos vaian camiñando, en bicicleta ou patinete aos centros, reducindo así a aglomeración de vehículos particulares coincidindo precisamente cos horarios de entrada e saída do alumnado.

As reunións continuarán desenvolvéndose ao longo desta semana, estando programadas para mañá as convocadas cos directores e directoras dos CEIP Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros e o Colexio Rural Agrupado -CRA- e na xornada do venres as dos tres centros de ensino concertados da cidade: Ayala, Jorge Juan e Santiago Apóstol.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.