O concello de Narón súmase ás Anpas Galegas á hora de esixir medidas sanitarias estritas nas aulas galegas

A maiores da lóxica limpeza e desinfección dos centros educativos a administración local ve necesario moitas máis normas a tomar pola Xunta, da cal dependen as competencias educativas vixentes
INICIO CURSO ESCOLAR ANTONIO MACHADO
DIECISEIS DE SEPTIEMBRE DE DOS MIL OCHO
16/09/08 *** Local Caption *** LEGISLATURA 2007 - 2011
INICIO CURSO ESCOLAR ANTONIO MACHADO DIECISEIS DE SEPTIEMBRE DE DOS MIL OCHO 16/09/08 *** Local Caption *** LEGISLATURA 2007 - 2011

O goberno municipal de Narón quere manifestar públicamente o seu apoio ao manifesto da Confederación de Anpas Galegas sobre o próximo inicio do curso 2020-2021. Dende o colectivo alertouse da fonda preocupación das familias galegas pola situación sanitaria, asistencial e educativa que se presenta de cara á volta ás aulas, incidindo en que existe unha mala organización e, polo tanto, solicitan a implantación dunha serie de medidas que permitan garantir a seguridade do alumnado.

Normas para manter a seguridade nas aulas

Un plan de acollida emocional ao alumnado, reorganización dos currículos das materias do vindeiro curso, contratación de persoal de enfermería e educadores sociais en todos os centros, mantemento sistemático da distancia de seguridade cos espazos, profesorado e persoal de apoio necesario, posibilidade de non asistir á clase do alumnado en situación de risco sanitario ou que conviva con persoas nesa situación e garantía de detectar e atender as fendas dixitais son, a maiores da limpeza e hixiene dos centros educativos e servizo de transporte escolar, algunhas das medidas que require a Confederación de Anpas Galegas.

Unhas medidas que debe asumir a administración da que dependen as competencias educativas, neste caso a Xunta de Galicia. Dende o concello de Narón quixeron lembrar o pleno celebrado o pasado mes de xullo, onde se aprobara unha moción presentada polo bipartito TEGA e PSOE, instando á Xunta a elaborar un protocolo consensuado cos representantes da comunidade educativa para garantir a seguridade na volta ás aulas ante a crise da Covid-19 e no que se incluísen varias medidas encamiñadas a ese fin.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.