O Concello de San Sadurniño licita o primeiro dos tres proxectos para conectar con aglomerado Naraío e A Capela

quintia-web1080x1920U100

Xa están publicados na plataforma de contratación do Estado os pregos técnicos e administrativos para concorrer ás obras de aglomerado da pista que vai desde o lugar de Quintiá, en Naraío, até o límite co concello da Capela, preto do cruzamento da Grúa.

As empresas teñen até as 23.59h. deste xoves 6 de agosto para presentaren as súas ofertas de execución dunha obra que cubrirá algo máis de 1,2 quilómetros de trazado valorada no proxecto en 54.996,27€, ive incluído. O Concello de San Sadurniño dedicará a ela o importe íntegro da axuda do Plan Marco de mellora de camiños da AGADER, que supón unha achega de 45.452 euros.

A pista é un das principais vías de comunicación co municipio veciño e as obras xustifícanse no proxecto técnico na necesidade de dotala dun novo firme de maior adherencia e tamén durabilidade.

Esta non será a única intervención que se faga na zona, xa que o Concello tamén ten en carteira outros dous proxectos para o mesmo eixo: o tramo o Eirexado-Lourido, que se licitará nos próximos días, e o que conecta Lourido con Quintiá, que deberá agardar a que se liberen máis fondos provinciais para poder ser contratado.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.