O Concello de Valdoviño conclúe a primeira fase das obras de acondicionamento dos camiños de Mourente e Penela

A intervención facilita a conexión entre Mourente e o vial municipal que une Aviño coa AC116, o acceso ao campo de fútbol e á estrada do Trece
OBRAS AGADER1

O Concello de Valdoviño rematou a primeira fase das obras de acondicionamento dos camiños de Mourente e Penela. Uns traballos que se financian con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 de Agader. A intervención suma un orzamento de 46.155,92 euros en dúas anualidades. Agader cubre o 80% do investimento e o Concello de Valdoviño o 20% restante.

A primeira fase da intervención permitiu conectar a zona de Mourente co vial municipal que une Aviño e a AC116; facilitar o acceso ao campo de fútbol municipal e á estrada do Trece e mellorar a accesibilidade ás explotacións agrícolas e gandeiras desta área.

A zona susceptible de intervención nos camiños da Penela e Mourente, considerados na práctica un continuidade do outro, divídese en 4 treitos: un de zahorra e outros tres pavimentados con triplo rego hai máis de 15 anos.

Nesta primeira fase actuouse sobre o primeiro, que parte das vivendas de Mourente, toma dirección ao campo de fútbol e continúa a man dereita. O vial máis deteriorado ata a data. Así, os traballos contemplaron o seu acondicionamento, ampliación do ancho de calzada e tarefas de sinalización. A actuación completarase con esa segunda fase na que se actuará sobre os 3 tramos restantes, cubrindo así uns 2.000 metros de vial.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.