O Concello de Valdoviño confínase tras rexistrar un positivo por coronavirus

O pasado venres 4 de setembro saltaron as alarmas despois de que un edil da casa consistorial contraxera o virus tras a realización da pertinente PCR
Casa_do_concello_de_Valdoviño (1)

O Concello de Valdoviño informou de que se activou o protocolo Covid, é dicir, ordeando a realización de PCRs entre os traballadores da casa consistorial e os concelleiros da corporación tras confirmarse o pasado venres 4 de setembro o positivo en coronavirus dun edil.

Adoptouse esta decisión por responsabilidade e prudencia, seguindo o protocolo municipal, excedendo incluso as normas sanitarias e ampliando as probas ao persoal municipal, con independencia de que tivesen ou non contacto directo coa persoa afectada.

Confinamento de todo o goberno municipal

O concelleiro atópase ben, confinado no seu domicilio. Unha decisión que asumiron o resto de compañeiros de corporación á espera de recibir os resultados, os calos foron presentados hoxe e arroxaron todos negativo. Cando o concelleiro presentou síntomas a mediados de semana, inmediatamente autoconfinouse e realizou as probas pertinentes, confirmándose o positivo e activándose na consistorial o protocolo.

Segundo o rastrexo activado por Sanidade a partir de entón, informaron ao concelleiro de que a transmisión tiña que terse producido a pasada fin de semana, cando o edil non realizou ningún tipo de actividade municipal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.