O coronavirus non avanza en Ferrol nas últimas 24 horas

A pasada noite faleceu unha muller de 94 anos ingresada no CHUF diagnosticada con Covid-19

Ya son 21 los hospitalizados en el Marcide

O número de contaxios por coronavirus non avanzou nas últimas 24 horas na área sanitaria de Ferrol, que segue rexistrando 400 casos, tres menos que onte. Do total de casos diagnosticados soamente 30 atópanse ingresados con complicacións e, destes, só 4 están na UCI con pronóstico máis grave. O resto de doentes, 370, realizan a cuarentena nos seus domicilios baixo vixilancia médica.

O que sí aumentou foi o número de vítimas mortais, tralo falecemento a pasada noite dunha muller de 94 anos que se atopaba ingresada do CHUF diagnosticada con Covid-19 e que padecía patoloxías previas. Con ela son xa 24 os falecidos non hospitais comarcais de Ferrol e 3 nas residencias de maiores, onde actualmente se contabilizan ata 30 casos de coronavirus.

 

Salir de la versión móvil