Parece ser que a identidade do cadáver atopado o pasado martes a unha milla e media de Cabo Prioriño está cada vez máis preto de descubrirse. Nun primeiro momento o corpo sen vida achado relacionouse co do pescador desaparecido en Covas, pero tras observar a súa vestimenta e a súa aparente idade ningunha destas correspondíanse.
Camiseta negra e unhas zapatillas brancas, esa era a roupa que mantiña o home atopado pola tripulación do pesqueiro «Primero Victoria», a mesma que recoñeceu a familia de Carlos Eduardo Juárez, un mozo de 22 anos ao que se lle perdera a pista o pasado 5 de setembro e que ata ese momento estaba a ser buscado tanto pola Coruña como pola contorna de Ferrol.
Despois da confirmación dos seus familiares, tan só queda a realización da pertinente proba de ADN que confirme con total certeza a identidade do corpo sen vida que flotaba preto de Cabo Prioriño, e que posteriormente foi trasladado pola Salvamar Betelgeuse ao peirao de Oza.
Por outro lado, o dispositivo de búsqueda do pescador desaparecido en Covas segue activo aínda que cada hora que pasa supón unha maior complexidade para buscar ao veciño de Freixeiro, Narón. A última pista coñecida sobre o seu paradeiro foi o vehículo atopado nas proximidades da cetáre de Covas, sen ningunha outra novidade ata o momento.