O corpo de bombeiros de Ferrol conta con 52 novos traxes de intervención

Fabricados a base de gore-tex, proporcionan protección contra o calor e as chamas ao tempo que aportan comodidade e flexibilidade

O corpo de Bombeiros de Ferrol conta desde a pasada semana con un total de 52 novos traxes de intervención en incendios tanto urbanos como industriais. Tal e como explicou esta mañá o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, os novos equipos de protección individual -EPI-, dispoñen de catro capas de defensa.

Trátanse de traxes de “gran calidade”  xa que están fabricados a base de gore-tex como barreira antihumedade e do tecido PBI, un material que proporciona protección contra o calor e as chamas ao tempo que comodidade e flexibilidade á hora de desenvolver as tarefas.

O edil explicou que desde o Concello de Ferrol estase a facer un intenso traballo para que os nosos servizos de emerxencias “dispoñan dos mellores materiais para desenvolver as súas tarefas”. Neste senso, Costoya puntualizou que “optimizar as condicións nas que os nosos bombeiros se enfrontan aos casos de incendios e a outras situacións de risco nas que se poden ver implicados supón unha prioridade para esta Administración”.

Salir de la versión móvil