O CPI Atios de Valdoviño remata as súas reformas para facer máis segura a volta ás aulas

Estas obras que contan cun importe total de 12.000 euros sumarán metros cadrados ao centro educativo para favorecer as medidas de distanciamento social
OBRAS NO EXTERIOR DO CPI ATIOS7

Valdoviño vén de concluír as obras de ampliación e acondicionamento da zona de xogos reservada ao alumnado de Educación Infantil do CPI Atios. Unha intervención prevista e acelerada a raíz da Covid-19, co ánimo de sumar metros cadrados ao espazo para favorecer as medidas de distanciamento social e tamén facilitar unha entrada independente para o alumnado. Na intervención investíronse uns 12.000 euros.

Obxectivo das obras

As obras contemplaron o retranqueo do peque perimetral no lateral contiguo á zona de estacionamento para o equipo docente e a instalación de céspede artificial no chan. O invernadoiro, escenario das plantacións dos máis pequenos e pequenas, trasladouse a un lateral da zona de xogos para optimizar o espazo así como o areeiro.

Fundiuse o acceso de entrada ao centro dende esta área, na zona lateral do inmoble e máis outra pequena superficie situada na entrada dende o pavillón. Así mesmo, colocouse neste espazo un novo portalón con acceso directo á zona de xogos. As tarefas completáronse cos traballos de pintado na fachada do CPI.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.