O estacionamento disuasorio no barrio de Canido está cada vez máis preto

Na reunión mantida hoxe Julián Reina avanzou a dispoñibilidade desta zona de estacionamento a mediados de outubro, e tamén analizouse a evolución do aparcadoiro do CHUF
reunión

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, presidiu esta mañá a comisión informativa onde lle trasladou aos grupos da oposición a dispoñibilidade do estacionamento disuasorio de Canido a mediados do próximo mes de outubro, unha vez xa se remataron as obras e se plantaron os tilos.

Avances no aparcamento municipal do CHUF

Por outra banda, esta mañá tivo lugar unha nova reunión de traballo entre o concelleiro e os técnicos do departamento de Urbanismo, na que se abordou a evolución dos traballos do aparcamento municipal do CHUF. Reina lembrou que o novo aparcamento municipal contará con 123 prazas de estacionamento, catro das cales estarán reservadas para persoas con mobilidade reducida.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.