O falso médico ferrolán «Coté» entra en prisión polo caso xudicial da clínica de Castellón

Aínda queda pendente o xuízo polos feitos ocorridos na clínica da rúa Real de Ferrol polos que a fiscalía pide penas de máis 300 anos de cárcere
cote-1

Pasadas as 21.00 horas de onte, martes 13 de outubro, José Manuel López Pérez «Coté», o falso médico ferrolán, entrou na prisión de Pereiro de Aguiar (Ourense) para cumprir unha condena de catro anos e medio pola comisión de delitos de intrusismo e estafa polos máis de seis meses que exerceu a medicina na Clínica de Vinarós (Castelló) no ano 2009. Así mesmo tamén Fréderic Gisbert, socio en esta clínica, entrou nunha prisión da Comunidade Valenciana.

Según a sentencia ratificada polo Tribunal Supremo, os  dous homes, sen a titulación requirida para exercer como médicos, enganaron a unha vintena de pacientes nun centro en Vinaròs, onde se presentaban como médicos, examinaban aos enfermos, diagnosticaban enfermidades de todo tipo e prescribían tratamentos diversos, incluído nalgún caso tratamentos con células nai, transplantes e cirurxías non menores.

Ao falso médico ferrolán aínda queda pendente o xuízo polos feitos acaecidos na clínica de Ferrol, polos delitos de homicidio, lesións, estafa, branqueo de capitais, intrusismo, falsidade documental, polos que o Fiscal solicita penas que suman 334 anos de cárcere. Este xuízo dará comezo en xaneiro do 2021, tras dous aprazamentos, e xusto cando se cumprirán case trece anos desde a súa detención.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.