O GALP Golfo Ártabro Norte busca un relevo xeneracional no sector pesqueiro

A iniciativa vai destinada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de máis de 50 concellos e sen necesidade de experiencia nin titulacións previas
015f110c-bd62-4df5-97bc-e295a10ae9f7

O GALP Golfo Ártabro Norte xunto con outros catro GALP galegos (GALP Mariña Ortegal, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur e GALP Ría de Arousa) promove un proxecto de colaboración centrado na capacitación de mozos e mozas, a través da formación e dun mellor coñecemento dos recursos do territorio, a fin de fomentar e acadar o relevo xeracional no sector pesqueiro. O proxecto ofrecerá unha visión global do sector aos participantes, facilitándolles a maiores ferramentas e recursos que lles permitan orientar o seu futuro en relación ao sector do mar.

A iniciativa que xa está na súa fase de arranque vai destinada a mozos e mozas dos 16 aos 30 anos que pertenzan a algún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP. No caso do Ártabro Norte, o territorio abrangue os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume.

O proxecto desenvolverase en dúas edicións de catro meses cada unha -a primeira de setembro a decembro de 2020 e a segunda de xaneiro a abril de 2021- e contará con 30 prazas en cada un dos territorios, que serán cubertas por orde de inscrición e atendendo a un reparto homoxéneo nos concellos do territorio. Non é preciso contar nin con titulación vinculada ao sector pesqueiro nin con experiencia previa no mesmo.

O equipo docente estará formado por profesionais do eido das Ciencias Experimentais e das Ciencias Sociais que desenvolverán un programa formativo centrado no coñecemento do sector e na titorización persoal de cada alumno e alumna. Pola outra banda, as sesións impartiranse un máximo de dúas veces por semana a través de seminarios formativos, titorías, saídas de campo, encontros con mozos e mozas con experiencia e encontros con profesionais do sector.

Para o remate do proxecto e modo de incentivo para aquel alumnado que tivese participado activamente no proxecto e cumprido os requisitos formativos, haberá unha visita de estudo nacional ao País Vasco á Escola de Formación de Carpintería de Ribeira “Albaola”.

Reunións informativas

O GALP leva días visitando un a un os concellos e confrarías de pescadores do territorio a fin de facelos partícipes activos da difusión e promoción do proxecto. Ata o momento visitáronse os concellos de Miño, Cabanas, Ares, Mugardos, Pontedeume, Fene, Neda e Narón e as confrarías de Miño, Pontedeume, Ares, Mugardos, Barallobre e Ferrol. As reunións seguirán nos vindeiros días e semanas para achegar a información a persoas interesadas e coordinar a difusión do proxecto coas entidades colaboradoras.

Solicitude de información

Para informarse sobre o proxecto, está habilitada a dirección de email [email protected] e o espazo web relevo2020.org no que ademais se atopará o formulario de inscrición que quedará habilitado esta mesma semana. As persoas que así o desexen tamén poden informarse na oficina do GALP, na súa sede en Miño e seguir as novas a través das redes sociais Instagram e Facebook buscando por Relevo2020.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.