O Goberno asigna máis de 500 máscaras a transportistas de Ferrolterra

Os beneficiarios poden recollelas nas oficinas de Correos do seu municipio

A Delegación do Goberno en Galicia informa que o Ministerio de Transporte, Movilidad e Axenda Urbana  comezou en Galicia a repartición de máscaras asignadas aos profesionais do sector do transporte por estrada. Trátase dunha segunda repartición, tras o primeiro efectuado entre o 6 e o 17 de abril, e entre os dous alcanzan os 196.790 elementos de seguridade dispoñibles.

Nas comarcas serán máis de 500 profesionais os beneficiados con esta medida. En Ferrol, repartiranse máis de 180 máscaras, 150 en Narón, outras 50 en Fene e máis de 40 en Pontedeume, entre outros concellos.  Para a distribución úsase o Rexistro de Empresas e Actividades do Transporte que en Galicia alcanza as 4.210 na provincia da Coruña. Cada unha delas ten asignado un número de máscaras en función do número de vehículos da súa frota ou tipo de transporte.

Para a entrega utilizarase de novo a rede de oficinas de Correos, que demostrou ser un sistema rápido e eficiente de distribución aos destinatarios, os cales non teñen que realizar ningún trámite nin solicitude. O prazo de recollida finaliza o próximo día 27.

Salir de la versión móvil