O goberno de Ferrol avanza na posta en marcha dun «supermercado social»

A nova iniciativa pretende optimizar o máximo posible os recursos unificando nun só local a entrega de alimentos aos colectivos máis vulnerables
85056905_1577987365672703_6580662033807572992_o-750x536

Esta mañá tivo lugar a primeira sesión da Mesa de Traballo do Terceiro Sector de Ferrol tras a súa constitución o pasado mes de xullo. Na reunión de hoxe  presidida pola concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, acordouse avanzar na posta en marcha dun supermercado social que unifique criterios de traballo e accións impulsadas polo Concello de Ferrol en colaboración con distintas entidades sociais da cidade.

Para iso, nos próximos días as asociacións integrantes desta mesa de traballo remitirán ao Concello os seus criterios á hora de tramitar as necesidades básicas dos seus usuarios para, deste modo, seguir avanzando na xestión e organización de dito supermercado.

Plataforma dixital para optimizar recursos

A concelleira anunciou tamén a creación dunha plataforma dixital, co fin de poder traballar en rede de forma coordinada entre os actores implicados e optimizar todos os recursos dos usuarios para ,deste modo, evitar duplicidades. «Respectando sempre a Lei de Protección de Datos, melloraremos a atención aos nosos veciños e a prestación dos recursos municipais», anunciaba a edil.

A Mesa de Traballo do Terceiro Sector reunirase o próximo 3 de novembro co fin de seguir avanzando nestes asuntos e analizar diferentes localizacións para o futuro supermercado social, que logrará unificar a entrega de alimentos nun único local.

O fin, mellorar a xestión de necesidades básicas

Tras a súa recente constitución, a edil manifestou que a nova mesa de traballo desenvolve un labor fundamental e lembrou que naceu con fin de «optimizar recursos e traballar de forma conxunta con entidades da cidade na prestación e atención de necesidades básicas, sobre todo de alimentos, entre os nosos veciños mais vulnerables».

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.