O próximo luns 6 de xullo rematarán as catas para as obras de ampliación da estrada de Pazos

A actuación dotará a marxe esquerda da vía dunha beirarrúa de 530 metros lineais e de dous metros de ancho, cunha inversión que supera os 390.000 euros
2020_07_02Pazos04

O concelleiro de Urbanismo visitou esta mañá do 3 de xullo as obras da primeira fase da ampliación da estrada de Pazos e da construción das beirarrúas. O edil anunciou que o próximo luns 6 quedarán rematadas as catas. O proxecto foi longamente demandado polos residente

Dende o Concello afirman que se poderán cumprir os prazos establecidos no plan de obra e que antes da chegada do inverno a zona contará tanto con espazo para os peóns como unha plataforma moito máis ampla para vehículos. As actuacións contempladas no proxecto, adxudicado por 396.911,84 euros (IVE incluído), consisten na mellora da mobilidade peonil e a seguridade viaria nun tramo de 530 metros, entre o cruce coa DP-3603 e a ponte sobre o río da Sardiña.

O espazo que se ampliará para o tránsito peonil estará ubicado na marxe esquerda e proverase ademais de servizos enterrados baixo a beirarrúa para substituír o entramado aéreo actual. Tamén se renovarán o mobiliario urbano e o alumeado, instalarase unha varanda para a protección dos viandantes e colocaranse novas marcas de sinalización viaria lonxitudinal e transversal.

A intervención na estrada de Pazos, nesta primeira fase, inclúe tamén a ampliación da mencionada ponte,  pasando de 1,46 metros de altura útil a case 1,48-1,50 e mantendo intacta a canle.

Reordenación do tráfico

As obras de ampliación da estrada de Pazos motivaron unha nova distribución do tráfico que xa está se está aplicando e que supón o corte da circulación desde a intersección da estrada Aldea de Pazos coa estrada de Covas CP-3603 ata o cruce da propia estrada de Pazos con Doctor Baldomero Beceiro.

O obxectivo é limitar o acceso á zona de obra exclusivamente a persoas residentes ou propietarios. Os carteis do itinerario alternativo están en ditas interseccións desde a semana pasada para que os usuarios poidan consultalos. A duración do corte será dun máximo de catro meses e poderá reducirse dependendo da execución das obras.

Con motivo dos traballos de pavimentación da estrada ou outras actuacións, a vía poderá sufrir cortes temporais que se informarán con anterioridade.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.