A expansión da pandemia do coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal continúa pola boa senda, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública. O número de altas dadas nos hospitais de Ferrol, 67, xa é máis do dobre das persoas que permanecen hospitalizadas, 30 ata hoxe na área sanitaria. Destes doentes, só 7 permanecen nas unidades de coidados intensivos. O número total de casos ata o momento é de 340, dos cais 310 permanecen nos seus domicilios.
En canto ás vítimas mortais son xa 24 tralo falecemento esta mañá dunha muller de 71 anos que estaba ingresada no CHUF. Do total de mortes, 22 producíronse has UCI dos hospitais comarcais de Ferrol e outras dúas na residencia de maiores de Pontedeume.