A área sanitaria de Ferrolterra tivo un respiro nas últimas 24 horas tras rexistrarse o mesmo número de contaxios nesta nova xornada. Segundo os datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a área sanitaria de Ferrol mantén un total de 150 contaxios.
A pesar de que os datos parecen esperanzadores, hai que ter en conta que as cifras non variaron debido a que houberon 10 altas, pero ao mesmo tempo foron 10 as persoas que permanecen en corentena nos seus domicilios tras dar positivo nas respectivas probas epidemiolóxicas.
10 pacientes curados e 10 novos positivos
Despois de varios días mantendo unha curva ascendente no número de infectados polo coronavirus nas diferentes comarcas de Ferrolterra, este venres 4 de setembro a segunda onda de contaxios estabilízase.
En total, dos 150 afectados polo virus, 144 permanecen nos seus domicilios e 6 en unidade de hospitalización, polo que non hai que lamentar ningún novo ingresado nos centros hospitalarios. Por ende, son un total de 668 os casos non activos ou curados, e a cifra de falecidos mantense en 33.
A piques de chegar ao cume de contaxios en Ferrol
Foi a primeiros de maio, aínda en pleno Estado de Alarma, cando a área sanitaria de Ferrolterra plasmou cifras similares as amosadas hoxe. Desde que o Sergas ofreceu oficialmente rexistros de casos activos na área de Ferrol, que foi o 29 de abril, o máximo acadado foi de 159 pacientes contaxiados por Covid, tan só 9 contaxiados máis que ata os presentes datos oficiais.
Afortunadamente, parece que o avance do virus mantense á par con respecto ás persoas que o superan. En parte débese a que actualmente a meirande parte dos gromos estanse a controlar e cada vez son máis os casos illados que apenas presentan sintomatoloxía, pero a subida incesante de ingresados nos últimos días é o dato máis preocupante.
Aínda así, é máis necesario que nunca adoptar as diferentes medidas de prevención do virus para evitar que o número de contaxiados siga esta curva ascendente evitando calquera posible colapso sanitario, e máis tendo en conta a volta aos centros escolares.