As cifras de coronavirus parecen calmarse un pouco despois de que onte se rexistrara a cifra récord de contaxiados na área sanitaria de Ferrolterra, un total de 176. Segundo os datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, as cifras arroxadas nas últimas 24 horas mantéñense neste elevado número. Porén, esto non significa que non haxa novos contaxios, senón todo o contrario.
Mesma cifra, 9 contaxiados máis
A pesar de que permanece igual que onte, as infeccións provocadas pola Covid-19 seguen o seu curso, posto que hai un total de 9 novos pacientes afectados. Isto débese a que hoxe son un total de 714 as persoas que superaron o virus, e tendo en conta as cifras de onte -705- significa que hai outros 9 contaxiados que manteñen estable o número total de casos activos.
Menos gravidade nos pacientes
Porén, a boa noticia ven dada polo número de pacientes hospitalizados, xa que nas últimas 24 horas unha persoa abandonou o centro hospitalario onde estaba ingresada, sendo un total de 6 os doentes que debido ao seu empeoramento continúan en unidades de hospitalización.
Preocupación nas residencias de maiores
Un dos temas que máis manteñen en vilo á poboación lindeira nesta segunda onda de contaxios é o relativo ás residencias de maiores, xa que a mortalidade provocada polo virus acentúase a medida que aumenta a idade do infectado.
Ademais, a preocupación xeneralizada incrementouse ao rexistrarse os dous primeiros casos de contaxios en varias residencias de maiores da comarca. A pesar diso, dos 33 falecidos contabilizados na área sanitaria de Ferrol tan só 3 destas vítimas mortais estaban ingresadas en centros de día. Polo momento, séguese a descoñecer algún novo caso rexistrado nalgunha destas instalacións.