O «ollo que todo o ve» nos estaleiros de Navantia

A empresa iniciará nas factorías da ría de Ferrol un proxecto piloto de vixilancia a través dun dron que realizará tarefas de seguridade e inspección
DSC02706

As instalacións de Navantia na ría de Ferrol dispoñerán este ano dun novo aliado nas tarefas de seguridade. Trátase dun dron de grandes dimensións e un completo equipamento que poderá levar a cabo tarefas de vixilancia, rastrexo e ata inspección.

O proxecto » Chorlitejo» consiste nunha proba piloto dun ano de duración para avaliar o uso dos drons polo departamento de Seguridade Industrial na vixilancia das instalacións. Inicialmente previsto para o ano 2020, debido á pandemia COVID-19, o proxecto piloto desenvolverase nos anos 2020 e 2021.

O proxecto configurouse como un servizo máis dentro dos servizos de vixilancia proporcionado pola empresa Prosegur, sendo responsabilidade da empresa contratada proporcionar operadores e o dron, este último quedará en propiedade de Navantia.

Entre as tarefas encomendadas a este novo dispositivo, está a vigilanc ia en zonas onde o intruso non ten ningunha dificultade para entrar nas instalacións sen ser visto polos efectivos, como zonas escuras do sistema CCTV e ou zonas non valadas. Poderá axudar na obtención de imaxes durante a comisión de posibles infraccións, chegará máis rápido ao lugar no que se produza algún accidente e, ademais, evitará unha posible espionaxe industrial.

Os seus labores non se circunscriben só ás tarefas de vixilancia, senón que se poderá usar tamén nas inspeccións de cubertas, aireadores ou cerramentos, para o estudo detallado de vigas carrileras de difícil acceso e en estruturas en xeral.

Trátase dun dispositivo duns 14,5 quilos e unhas dimensións de 83,5 x 68,8 x 29,2 (ancho x longo x alto). Ademais, pode alcanzar unha velocidade máxima 85 quilómetros á hora.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.