O Padroado da Cultura de Narón abre o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais

Dende o Concello aseguran que a pesar das diferentes medidas sanitarias adoptadas se a evolución do virus é negativa procederase á cancelación dos cursos
74438518_2941858859175661_7044891695778889728_o

O Padroado da Cultura de Narón abrirá mañá mércores o prazo de inscrición nas Escolas Culturais Municipais. Porén, dende a concellería de Cultura xa advertiron que ,en función de como avance a actual situación sanitaria pola Covid-19, se poderán desenvolver ou non as clases programadas para o vindeiro curso, xa que a prioridade será en todo momento garantir a seguridade das persoas.

As inscricións poderán realizarse ata o 25 de setembro nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas e tamén os sábados de 10.00 a 13.00 horas. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 391 144 ou escribir un correo electrónico á dirección: [email protected].

Polo momento e tal e como explicou o edil encargado da área de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, «estableceuse un estricto protocolo anti-Covid para o proceso de matriculación, con varios puntos de xel hidroalcohólico, diferentes itinerarios de entrada e saída no Pazo, uso obrigatorio de máscara e mantemento das distancias de seguridade». A maiores, e atendendo ás recomendacións da Consellería de Sanidade, solicitarase que preferentemente se realice o pago da matrícula mediante tarxeta bancaria.

Tipos de actividades

As Escolas Tradicionais ofertan un ano máis clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta -a partir de 5 anos-; Gaita, Percusión tradicional -a partir de 6 anos-; Acordeón, Zanfona -dende os 8 anos-; Construción de instrumentos -a partir de 16 anos- e, para os nenos e nenas de menor idade, de 3 e 4 anos, está a modalidade de O Recuncho dos Pequechos. A través desta última foméntase o desenvolvemento integral do menor e concíbese a modo orientativo para que no futuro os alumnos e alumnas poidan elixir entre as diferentes opcións das Escolas Culturais Municipais.

Nas Escolas Artísticas hai novamente dúas opcións: Debuxo -a partir de 6 anos- e Teatro -a partir de 4 anos- e dende a Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso -a partir de 16 anos-, segundo e terceiro e o Practicum.

Prezo dos cursos

En canto ao custe destas actividades, o prezo de cada unha delas é de 63,10 euros por curso a excepción de segundo e terceiro da Escola de Formación Actoral, cuxo importe é de 208 euros por curso. Outra das modalidades das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura é Bailes de salón -a partir de 4 anos- e cun custe de 31,60 euros por matrícula e unha cota de 15 euros ao mes.

No caso de que finalmente se poidan impartir as clases, o curso comezaría o 1 de outubro e remataría a finais de maio do vindeiro ano. «Abrimos o prazo para realizar os trámites que precisamos no caso de que se poidan impartir as clases, pero non podemos garantir, ante a actual situación sanitaria, que vaia ser así, polo que continuaremos pendientes da evolución da pandemia para suspender o inicio das mesmas no caso de non poder ofrecer as máximas garantías», recalcou o edil.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.