O Parrulo Ferrol presenta a nova equipación para a tempada 2020-2021

Xa se pode reservar tenda oficial do club Somos Fútbol Narón, para desfrutar dunha camiseta cunha liña contiuista aínda que con varias novidades dirixidas á afección
DSC_0117

Este mércores 30 de setembro é un día especial para O Parrulo Ferrol e a súa afección, posto que o club acaba de presentar os seus equipamentos oficiais de xogo para esta nova tempada 2020-2021. O acto tivo lugar en Somos Fútbol Narón, distribuidor oficial da roupa do equipo, ao cal acudía o director deportivo, Iván López, acompañado dos xogadores Adri e Isma, como os porteiros Víctor Espíndola e Marc García.

Camiseta con varias novidades

Mercury seguirá sendo o patrocinador técnico oficial do Parrulo Ferrol, nunha camiseta cunha liña continuista, pero que ten varias novidades, que eran presentadas por Iván López, como é a bandeira de Galicia nas costas, a frase #EstoEsFerrol na parte superior dereita da camiseta e,uns centímetros máis abaixo, unha ilustración «dunhas persoas animando, que é o símbolo da afección da Malata».

Decidiuse incluír á afección este ano na camiseta «porque sempre están aí connosco, sempre nos están apoiando e nesta tempada vai haber xente na bancada, pero non toda o que quixésemos ter, polo que decidimos levala na camiseta connosco», remataba o director deportivo.

A nova equipación xa se pode reservar en Somos Fútbol, que está situada na rúa Vigo, 20 -A Gándara, Narón- para as persoas residentes en Ferrol e comarca, como tamén no teléfono 881.294.363 para as persoas non residentes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.