A victoria do PPdG nas eleccións autonómicas celebradas onte foi o fiel reflexo do acontecido nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, onde o partido de Núñez Feijóo foi o partido máis votado nos vinte concellos das tres comarcas, aínda que a suma do socialistas e do Bloque é maior en número de votos en Ferrol e no Eume. A candidatura de Gonzalo Caballero non logrou aglutinar os apoios que sí lograra o Partido Socialista tanto nas municipais de 2019 como nas últimas eleccións xerais, onde foi a forza máis votada. Pola súa banda, Pontón logrou recoller boa parte dos votantes das mareas, que prácticamente desapareceron nestes comicios.
Na comarca de Ferrol, os populares obtiveron o 44,7% do sufraxio con 31.000 votos, mentres que o BNG foi o segundo máis votado con 17.813 votos (un 25,5%) e os socialistas de Caballero quedáronse no 18,6% dos votos con 13.080 apoios. A pesar de volver a ser a forza máis votada, o PP perdeu 3.103 votos respecto ao 2016, mentes que o PSdG tan só obtivo 200 votos menos na comarca que nas pasadas eleccións. O gran gañador nestes comicios foi o Bloque, que logrou sumar 10.193 apoios máis que fai catro anos, grazas en boa parte á práctica desaparición de En Marea, que obtivera 16.958 votos en 2016 e agora quedouse agora en 2.325.
Un escenario similar deuse no Eume, que foi un dos grandes bastións socialistas nas pasadas eleccións municipais. Feijóo foi o candidato máis votado con 40,5% do sufraxio e 4.845 votos, 413 menos que en 2016. Ana Pontón logrou sumar máis do doble do que conseguira no 2016, obtendo 3.720 sufraxios (o 31,1%) e o PSdG tamén foi a tercera forza en tódolos concellos logrando 2.430 votos, o que supón 823 menos que nas útlimas autonómicas.
A comarca do Ortegal foi onde os populares obtiveron máis apoios nas comarcas, con un 54,28% dos votos, que se traducieron en 3.234 papeletas, 672 menos que na última cita electoral. O nacionalistas case triplicaron os seus votos e obtiveron 1.235, o 20,7% por sufraxio, mentres que os socialistas perderon algo máis de 220 votos e volveron quedara como tercera forza con 1.155 apoios.
Con estos resultados, repiten como deputados autonómicos os populares José Manuel Rey Varela, Diego Calvo e Miguel Tellado e se estrea o nacionalista Ramón Fernández «Mon», cabeza de lista número 5 pola coruña polo BNG.