O patrulleiro da Armada «Arnomendi» chegará o vindeiro sábado ás augas de Santander

O buque pertencente ás Unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol está a realizar tarefas de vixilancia e inspección pesqueira en augas do Cantábrico
PA ARNOMENDI (P-63)

O patrulleiro da Armada «Arnomendi», o cal atópase realizando tarefas de vixilancia e inspección pesqueira no marco do Plan Xeral de Vixilancia de Pesca do MAPAMA en augas do Cantábrico, atracará no porto de Santander o próximo día 22 de agosto.

O patrulleiro «Arnomendi» saíu das aguas ferrolás o pasado 10 de agosto e ten previsto recalar na capital cántabra o vindeiro sábado 22. Debido ás restricións derivadas da crise sanitaria actual, non levarán a cabo xornadas de portas abertas durante a estancia do buque en Santander. Unha vez finalizada a escala, o luns 24 de agosto, o «Arnomendi» farase de novo á mar para continuar cos labores de vixilancia e inspección pesqueira de buques españois, así como doutros pertencentes a estados membros da UE, que faenan nos espazos marítimos de soberanía e xurisdición española.

Información sobre o patrulleiro de altura «Arnomendi»

O patrulleiro «Arnomendi», terceiro buque da clase «Chilreu», foi construído nos Estaleiros Freire de Vigo no ano 2000 e está encadrado nas Unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol. Está ao mando do CC Juan Manuel Garat González e conta cunha dotación de corenta e tres persoas e un inspector da «Secretaría Xeral de Pesca» para desempeñar os labores asignados de vixilancia e inspección pesqueira nos espazos marítimos de soberanía e xurisdición española.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.