O persoal sanitario de Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), que ten o seu epicentro no Hospital Arquitecto Marcide uniuse á campaña para solicitarlle á cidadanía das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que colabore coa súa laboral e permaneza na casa.
Varias enfermeiras, médicos e auxiliares do servizo de Urxencias, así como facultativas do servizo de oftalmoloxía, participaron nas campañas que espontáneamente puxo en marcha o estamento sanitario na redes sociais para concienciar á cidadanía da importancia de non saír de casa e non acudir aos hospitais nen se quera tendo síntomas dunha posible infección. Nese caso, o Sergas habilitou o número gratuíto 900 400 116.