O persoal sanitario do Cardona voltará a rúa para loitar contra os recortes salariais

Tras superar a crise sanitaria da Covid-19 os traballadores do Hospital Juan Cardona enfrontaranse a unha baixada da nómina de 200 euros
e28d6900-e16b-44b0-9647-3bfbd3cd16af

O vindeiro domingo 5 de xullo o persoal sanitario do Hospital Juan Cardona volverán a rúa a loitar pola baixada salarial que recentemente aunciou a xerencia do centro. Segundo explicaran a semana pasada dende o comité de empresa, os recortes chegarán aos 200 euros mensuais -en nóminas duns 1.200- correspondentes aos pluses de gratificación de nivel e asistencia.

A manifestación comezará as 10.00 horas nas portas do Hospital Juan Cardona e seguirá ata a praza de Amboage. Con esta iniciativa intentarán frear a decisión tomada «de forma unilateral e sen negociación previa», según os sindicatos, coa parte social.

Os representantes dos traballadores lembraron “as duras condicións” nas que veñen traballando nos últimos meses para facer fronte á crise do coronavirus e denuncian as desigualdades e os agravios que sofren fronte aos traballadores do sector público. Os sindicatos xa advertiron que unha vez executada a supresión dos pluses, además de continuar coas movilizacións e as protestas, van recurrir á decisión pola vía xudicial.

Desde a xerencia do Cardona aluden a unha baixada de ingreso agravada polos problemas ocasionados pola crise da Covid-19, a cal provocou a cancelación do groso da actividade derivada desde o servizo público durante os meses nos que se prolongou a epidemia. A pesar deste feito, fontes do Juan Cardona lembran que, “durante todo este tempo, os traballadores mantiveron os seus postos de traballo, a pesar de que nalgúns servizos a actividade chegou a cesar completamente”.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.