O persoal sanitario do Cardona voltará a rúa para loitar contra os recortes salariais

Tras superar a crise sanitaria da Covid-19 os traballadores do Hospital Juan Cardona enfrontaranse a unha baixada da nómina de 200 euros

O vindeiro domingo 5 de xullo o persoal sanitario do Hospital Juan Cardona volverán a rúa a loitar pola baixada salarial que recentemente aunciou a xerencia do centro. Segundo explicaran a semana pasada dende o comité de empresa, os recortes chegarán aos 200 euros mensuais -en nóminas duns 1.200- correspondentes aos pluses de gratificación de nivel e asistencia.

A manifestación comezará as 10.00 horas nas portas do Hospital Juan Cardona e seguirá ata a praza de Amboage. Con esta iniciativa intentarán frear a decisión tomada “de forma unilateral e sen negociación previa”, según os sindicatos, coa parte social.

Os representantes dos traballadores lembraron “as duras condicións” nas que veñen traballando nos últimos meses para facer fronte á crise do coronavirus e denuncian as desigualdades e os agravios que sofren fronte aos traballadores do sector público. Os sindicatos xa advertiron que unha vez executada a supresión dos pluses, además de continuar coas movilizacións e as protestas, van recurrir á decisión pola vía xudicial.

Desde a xerencia do Cardona aluden a unha baixada de ingreso agravada polos problemas ocasionados pola crise da Covid-19, a cal provocou a cancelación do groso da actividade derivada desde o servizo público durante os meses nos que se prolongou a epidemia. A pesar deste feito, fontes do Juan Cardona lembran que, “durante todo este tempo, os traballadores mantiveron os seus postos de traballo, a pesar de que nalgúns servizos a actividade chegou a cesar completamente”.

Salir de la versión móvil