O plan de reparación de lousas de Ferrol obriga a reordear o tráfico en varias rúas da cidade

Desde as 07.00 horas de mañá mércores ata o venres modificarase a circulación entre Magdalena e Méndez Núñez, Real e Arce e María e Sánchez Barcáiztegui
reordenacion-trafico-magdalena

O plan de reparación de lousas no barrio da Magdalena, posto en marcha a mediados deste mes, obriga a reordenar o tráfico no centro da cidade con motivo dunha intervención que terá lugar mañá mércores, 26 de agosto, na intersección das rúas María e Méndez Núñez. Deste modo, desde as 07.00 horas de mañá e ata primeiras horas do venres desviarase o tráfico nos cruces de Magdalena e Méndez Núñez, Real con Arce e María con Sánchez Barcáiztegui co fin de deixar libre a zona de intervención.

O plan de reparación de lousas, que conta cun orzamento de preto de 40.000 euros, céntrase en rúas peonís do centro da cidade nas que se detectaron perigos para o tránsito dos viandantes. Consiste na recolocación de pedras que están soltas ou desniveladas. As que estean deterioradas están a ser substituídas por outras de características similares e onde hai afundimentos na rúa se están a reparar tratando de conservar as lousas existentes. As principais rúas nas que se está a actuar son Magdalena, Real, Dolores, María, Sol, Sánchez Barcáiztegui, Coruña, Igrexa, praza de España e Amboage, entre outras.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.