O pleno aproba o primeiro Plan de Emerxencias de Ferrol despois de 13 anos

O tema máis tratado do día foi a temida volta ás aulas, onde se aprobou o emprazamento á Xunta para abrir un proceso de diálogo coas Anpas e coa Fegamp
obras plaza armas ferrol final (20)

O pleno da corporación celebrado a mañá deste xoves 27 de agosto no pazo municipal aprobou no punto 5 da orde do día  -cos votos a favor do PSOE, PP e FeC e en contra do BNG- o primeiro Plan de Emerxencias Municipal -PEMU- de Ferrol, un documento obrigatorio desde o 2007 conforme o establece a Lei de Emerxencias de Galicia.

O PEMU recolle os procedementos para coordinar todos os servicios municipais en caso de emerxencias, avalía os riscos do municipio —temporais, incendios forestais, transporte de mercancía perigosa e risco químico, entre outros— e recolle as medidas e accións necesarias ante cada situación.

Convenios co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Outros dos temas importantes tratados no pleno de hoxe foron os dous convenios pactados co Consorcio Galego de Servizos e Igualdade e Benestar. O primeiro deles permitirá o correcto desenvolvemento do programa social «Xantar na Casa». Este proxecto ten como finalidade prestar apoio domiciliario aos máis maiores mediante prestacións alimentarias para mellorar a súa autonomía e calidade de vida. Aprobouse cos votos a favor do PSOE, PP e FeC -21- e en contra do BNG -2-.

O segundo convenio tratado no punto 8 permite a xestión e cofinanciamento dos Centros de Día da rúa Xoán de Austria -Caranza- e rúa Fonte da Greza-Telleiras -Esteiro-, sacado adiante polos votos a favor do PSOE, PP e FeC -22- e en contra do BNG -2-.

 Numerosas mocións en prol dunha volta segura ás aulas

O pleno ordinario de hoxe estivo marcado por un total de nove moncións, das cales 8- unha de Ferrol en Común e sete do BNG- gardaron relación coa temida volta do alumnado e docencia á impartición das clases. A levada a cabo polo partido de Jorge Suárez pretendía afianzar unha volta segura ás aulas -aprobada polo voto de calidade do alcalde, tras o empate de 12 votos do PSOE, Ferrol en Común e BNG e os votos en contra do PP-.

En canto as sete mocións realizadas polo BNG todas saíron adiante, das cales catro foron aprobadas por unanimidade. Entre elas, aceptouse unha reunión urxente na primeira semana de setembro co Consello Escolar Municipal para tratar a volta ás aulas, así como emprazar á Xunta á apertura dun proceso de diálogo entre as diferentes Anpas, a Fegamp e a Federación Comarcal de Ferrolterra de Anpas.

Finalmente, o pleno pechouse coa ultima moción solicitada por Ferrol en Común, onde pedían a recuperaciónda Banda Municipal de Música, aprobada tamén por todos os partidos políticos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.